Supoña que vostede traballa no departamento de emerxencias dunha fábrica que emprega ácido clorhídrico () no proceso de produción e debe elaborar un procedemento para neutralizar o ácido en caso de derrame accidental, para o que dispón dunha gran cantidade de disolución de hidróxido sódico () no almacén da fábrica. A reacción entre ambas sustancias xera un produto inocuo; . Porén, vostede sabe que ao mesturar directamente un ácido e unha base fortes despréndese gran cantidade de calor que podería elevar a temperatura do derrame ata limites perigosos. Porén, é importante cuantificar a calor desprendida no proceso de neutralización tendo en conta as condicións de traballo na fábrica: todos os produtos se almacenan a en disolución; a concentración da disolución de é e a do .
1.1. Deseñe un aparato para determinar, de forma aproximada, a entalpía da reacción de neutralización do co nas condicións do suposto vertido, a . Para levar a cabo o deseño debe escoller o material que considere máis apropiado de entre o que se indica a continuación e describir como sería o procedemento que realizaría para determinar a entalpía no dispositivo deseñado. Material: vaso de precipitados, tela illante, tapón de cortiza do tamaño do vaso de precipitados, termómetro, tesoiras, punzón para facer buratos, matraz aforado, tapón de vidro do tamaño do matraz aforado, bureta, probeta, vara axitadora e cinta adhesiva.1.2. Supoña que levou a cabo un experimento para determinar a entalpía da reacción de neutralización co aparato que deseñou, empregando da disolución de e da disolución de e obtivo os resultados amosados na Táboa I. A partir destes datos calcule a entalpía de neutralización molar nas condicións de traballo da fábrica.Nota: considere que a densidade da disolución resultante de mesturar o ácido coa base é , que a súa capacidade calorífica é igual a da auga, , e que os volumes son aditivos. Desprece a capacidade calorífica do calorímetro.
1.3. No caso dun vertido accidental traballaríase con grandes volumes de ácido e base. Alteraría este feito a temperatura máxima que podería acadar a mestura de neutralización? Tendo isto en conta, discuta razoadamente se considera que este sería un bo método de neutralización.




